Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

No barrio do Coroto, no lugar que chaman As Coroas, hai unha pequena zona chá no pico dun outeiro, e, aínda que hoxe se atopa todo envolto en monte, contan que alí houbo un castro. E moi cerca, hai un camiño fondo, todo picado e escavado na pena, que conducía por un gran desnivel ata un rego onde había un pozo redondo e moi profundo que chaman “o pozo dos mouros”, e que actualmente é inaccesible porque está ateigado de maleza.
Na Cortevella, onde chaman “O tesouro”, din que tamén había un castro dos mouros, no pico dunhas penas cunha caída de preto de trinta metros sobre o río Eo. Aínda se conserva algunha parede, e fálase de que había restos humanos e ouro, pero non din con ninguén que puidera contarme nada sobre elo.
IPP (Martín, Baleira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"