Son profesor de Historia, e teño uns magníficos alumnos.
• Quería que traballaran nas vacacións de Nadal.
• Quería convidalos a mirar con outros ollos (espertos, intelixentes, sorprendidos) aos seus propios avós, e en xeral a toda a xente maior… Axudarlles a saltar a fenda do tempo, e convidalos a sentarse xuntos detrás do lume da cociña (o inverno é frío, aquí). A falar. A escoitar. A imaxinar acompañados. Quería, en fin, achegar a persoas que, estando moi cerca ou incluso convivindo, séntense moitas veces, nos tempos que corren, a anos luz de distancia.
• E quería tamén, por qué non, que aprenderan algo do método de investigación en Historia. Quería que investigaran. Cun obxectivo, un método, e un prazo de tempo.
Concretei todo isto, aos seus ollos, nun único obxectivo: entrevistar, individualmente e cada un no seu lugar de orixe, aos seus avós e veciños máis vellos, na procura daquelas historias que nunca se escribiron e que tan só habitan xa na súa memoria, formando parte dos seus recordos. Había que buscar e recoller, fiel e coidadosamente, esas historias que son patrimonio noso, e fixalas dalgún modo para evitar que se perdan, logrando así que vindeiras xeracións (incluída a nosa) poidan seguir aprendendo delas.
E cumpriron. Descubriron Vellos con Historia... Noraboa rapaces!
Miguel Abraira
miguelabraira@edu.xunta.es
Mostrando entradas con la etiqueta 2.Obxectivos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2.Obxectivos. Mostrar todas las entradas