A cociña, as historias, o tempo, a memoria...
- A este grupo incrible de alumnado (polo voso traballo e a ilusión coa que o vivistes)
- Aos vosos avós, familiares e informantes (por axudarvos a descubrir e rescatar todas estas historias)
- E aos que nos concederon este premio (por recoñecer o valor educativo que ten o que fixestes)
![]() |
Hoxe, venres 18 de decembro de 2009, publicouse a lista de premiados no DOG |
Isto é o que ten a rede... Navegas á busca de tesouros, e ás veces atopas algún. "ENTRE MAIORES" é un xornal de publicación mensual que chega a todo o país, e que está especialmente pensado para atender os intereses e necesidades informativas dos nosos maiores, ou, como diriamos con todo cariño e respecto neste blog, dos nosos vellos. Despois de descubrir este traballo na rede, a edición de Galicia quixo saber un pouco máis, e no seu nº 94 (outubro 2009) acaba de presentar o noso proxecto aos seus lectores coa reportaxe que podedes ver máis abaixo.
Que vos parece??? Saímos guapos???
VELLOS CON HISTORIA xa está participando na edición de 2009 dos PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA.
Este ano hai moitas experiencias inscritas, e a nosa é unha delas.
Visitando a dirección: http://centros.edu.xunta.es/contidos/premios09/ poderedes votar (do 1 ao 5, facendo clic nas estreliñas), apoiar ou deixar comentarios (xa temos algún!) en prol da nosa candidatura... ou de calquera outra que vos guste.
Grazas a todos!
Moito ánimo e, agora tamén, un abrazo para todo o centro.
Miguel Abraira.
O pasado domingo 5 de xullo, La Voz de Galicia dedicou, na súa edición de Lugo, un amplo e fermoso artigo ao noso traballo.
Podedes consultalo cando queirades e enteiro (a noticia ampliase premendo nun segundo titular na columna da dereita) na súa edición dixital, na seguinte dirección:
http://www.lavozdegalicia.com/lugo/2009/07/05/0003_7828285.htm
Que vos guste.
Por fin... Queríamos devolver e dar a coñecer os tesouros que recollemos... E aquí os tedes. Consultade, lede, sorprendédevos, e fozade cando queirades. Este blog é un GRAZAS moi grande para os seus protagonistas, os vellos. E tamén unha oportunidade para sorprenderse, sorrir e coñecer historias de sempre.
Na columna da dereita poderedes ver quen somos, os obxectivos que tiñamos, o método que seguimos, as impresións que nos quedaron,e, por suposto, o tesouro, clasificado por categorías.
Navegade, e bo vento!
- Alba AGG
- Alba ARP
- Artai AGR
- Elba ELF
- Irene IPP
- Iria IAV
- Iria IGL
- Jeanette JFF
- Manuel MAD
- María MES
- Mirian MPV
- Patricia PVJ
- Paula PDA
- Silvia SCG
- Tania TBG
- Tania TVG
- Yolanda YLA
- Miguel Abraira, profesor.