Son profesor de Historia, e teño uns magníficos alumnos.
• Quería que traballaran nas vacacións de Nadal.
• Quería convidalos a mirar con outros ollos (espertos, intelixentes, sorprendidos) aos seus propios avós, e en xeral a toda a xente maior… Axudarlles a saltar a fenda do tempo, e convidalos a sentarse xuntos detrás do lume da cociña (o inverno é frío, aquí). A falar. A escoitar. A imaxinar acompañados. Quería, en fin, achegar a persoas que, estando moi cerca ou incluso convivindo, séntense moitas veces, nos tempos que corren, a anos luz de distancia.
• E quería tamén, por qué non, que aprenderan algo do método de investigación en Historia. Quería que investigaran. Cun obxectivo, un método, e un prazo de tempo.
Concretei todo isto, aos seus ollos, nun único obxectivo: entrevistar, individualmente e cada un no seu lugar de orixe, aos seus avós e veciños máis vellos, na procura daquelas historias que nunca se escribiron e que tan só habitan xa na súa memoria, formando parte dos seus recordos. Había que buscar e recoller, fiel e coidadosamente, esas historias que son patrimonio noso, e fixalas dalgún modo para evitar que se perdan, logrando así que vindeiras xeracións (incluída a nosa) poidan seguir aprendendo delas.
E cumpriron. Descubriron Vellos con Historia... Noraboa rapaces!
Miguel Abraira
miguelabraira@edu.xunta.es
3 comentarios:
Que mellores alumnos que nos!
Ninguén :)
Un blog realmente traballado. Grazas a Miguel Abraira podemos dispoñer de historias e contos que se ian perder como lágrimas entre a choiva, realizando un gran traballo para que os seus alumnos sacasen o mellor de si e dos seus "vellos". Grazas Miguel por este curso tan bo, xa sabes para o seguinte curso toca traballar no IES Pedregal de Irimia. Bueno xa falaremos.
Tu eres o:
Master of puppets.
jajajja
Jajaja
O que eu dicía, uns magníficos alumnos...
Oxalá teñades razón e, para o curso que vén, poidamos darlle todos xuntos unha boa volta de rosca a este e outros tesouros...
E agora vou poñer un bo rato o Master. E o One. E despois o Unforgiven. Porque, qué raios, sodes Unforgotten...
Publicar un comentario
Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...