E unha vella xa moi vella/e da cabeza mui blanca/tirou un peido na cama/fixo levantar a manta.
I aquela vella que está tras do lume/ torce a cabeza por causa do fume/ anda vieja,jódete/ joróbate ahí/que a parañola foi feita pra ti.
Una vieja de cien años/y otro de ciento dos/juntaron las barriguitas/y dieron gracias a dios.
TVG (Meira; Pousada, A Pastoriza)
Un vello perdeu a vella, entre as choridas do toxo/e agora o vello anda chorando/que lla comeu o raposo.
JFF (Hermunde, Pol)
Te tienes por buena moza/no te lo presumas tanto,/que a veces las buenas mozas/se suelen quedar en blanco.
Tengo un mantelito en casa/todo lleno de lunares,/el día que me lo pongo/andan los mozos a pares./Tengo un mantelito en casa/de flores de primavera,/el galán que me lo dio/sabía que era soltera.
María ten pernas blancas/ben llas vin no corredor/eu non vin pernas tan blancas/na filla dun labrador.
Nena guapa, nena guapa,/eu non a quixera ser/fai coma pera madura/todos a queren comer.
Tienes unos rizos niña/que te cuelgan por la frente/parecen campanas de oro/que van llamando a la gente.
Mi morena es mi morena/no es morena de nadie/el que quiera una morena/vaya a la guerra y la gane.
Desde el naciente al poniente/no hay novia como la mía,/trabajadora en el campo/y guapa en la romería
Te tienes porque la eres/la mejor flor de Galicia,/y eres un cuerpo sin sangre/todo lleno de malicia.
Morenita, morenita/dame de tu morenura./Vale mas de ti la gracia/que de muchas la hermosura.
Bartolo tiña unha filla/que lle chamaba Leonor/e un día estaba cosendo/sentada no corredor./O corredor xa de vello/tiña aberturas no piso/se de baixo se miraba/víaselle o paraíso./Máis o fillo do estanqueiro/que viu alí a Leonor/botou como unha centella/pa baixo do corredor./Tapa as pernas Leonor/que se no me engaño vexo/por baixo de San Mesota/as orellas dun conexo./Leonor toda asustada/quixo tapar de seguida/pegou un salto pa tras/e caeu patas arriba./Vaite ó demo Manolo/que a fe me metiches medo,/e co susto que levei/
clavei a agulla nun dedo./Pois non te asustes Carmiña/que eso ben o sabes tu…
Saca de aí sapo mouro/esterco do meu curral/que mañá hei de ir á feira/e heite vender por un rial./Saca de ahí sapo mouro/esterco do meu cortillo,/que mañá hei de ir a feira/heite vender por un peido.
TVG (Meira; Pousada, A Pastoriza)
Maruxiña da Forneira/cando cozas faime un bolo/se mo fas faimo de trigo/que de millo non cho como.
JFF (Hermunde, Pol)
Maruxiña tente dreita/que teu pai querte casar./Tan dreitiña che me teño/o aire querme levar.
Maruxiña fixo un traxe/pensando que se casaba/y ha de gastar ese e outro/e ha de quedar como estaba./Anda maruxiña, remenda o refaixo./Mira co tes roto por riba e por baixo,/por todo o retor/anda maruxiña remenda mellor.
(remate alternativo: por baixo e por riba, anda maruxiña remenda a barriga)
Cando a miña maruxiña/tiña vinte anos cumpridos/era a máis guapa do pueblo/
e a envidia dos veciños./Máis unha noite de inverno/por lástima e compasión/darlle pousada a un rapaz/foi a súa perdición./E empezounos a contar/que era un roxo escapado/y andaba de paragüero/pa facerse o despistado./Enseñou monedas douro/e cheques do banco Pastor,/tanto que fixo creer/que sería un gran señor./Así que ó día siguiente/mandeino quedar na casa/pensando que era moi rico/para casalo ca rapaza./E dalí a pouco tempo/xa ma tiña en estado/e ó tratar do casamento/resultou que era casado./E hasta mentira parece/de quen fora tan sencilla/un paragüero de Orense/engañara a miña filla./Dixo unha veciña nosa/que nos trata tu por tu/Dios lle dea muita salud.
Maruxiña, maruxiña,/a do refaixo amarelo,/se te encontro no camiño,/non che val decir non quero.
Anda maruxiña non vaias á herba/porque vén o vento e toda cha leva,/e toda cha leva, e lévacha toda,/anda Maruxiña non seas tola.
TVG (Meira; Pousada, A Pastoriza)
O casamento da Maruxa
Maruxa do meu agrado,/bonita cara de rosa,/si me queres dío axiña,/non señas tan recelosa./Moito ben falas Manolo,/mesmo me deixas pasmada,/pero como es tan pillo/eu no che podo creer nada./Pois pódesmo creer Maruxa/que che teño tal cariño,/que me morrerei de pena/si non me caso contigo./Pois logo si non te cambias/e me tes tanto cariño,/amareite toda a vida/si é que sales formaliño,/e logo meu Manoliño,/si o permite San Antonio,/casarémonos axiña/pra gozar do matrimonio./San Antonio o permite,/que ben viu a necesidá,/que tanto tu coma el/moito traballo nos das./Pois o meu algunhas veces/mesmo me fai rabexar/pero eu hasta que me case/non o quero estrenar./Pois o mesmo fago eu./¡Que mala opinión temos!/Eu tampouco non o estreno/hasta o día en que nos casemos./Por fin tres meses e un día/levaron de relaciós/mais ó cabo dese tempo/casaron sin municiós./Fixeron unha grande boda/na casa da Maruxiña/os dous casados de novo/xa se deitaron co día./Ó empezar a tarea,/Maruxiña dixo así:/Gracias Manoliño/que entrou o Rei en Madrid./Pois que seña bienvenido/que me parece xeitoso,/queira Dios que nunca canse,/nin se faga receloso.
IAV (O Chao, Ribeira de Piquín)
Por ser noite de san Xoán,/noite de encantos e bruxas,/por ser noite de san Xoán,/téñoche medo Maruxa.
Esta noite hei de ir verte,/Maruxa non teñas medo,/déixame a porta trincada/cunha palla de centeo.
AGG (Currás, Bretoña, A Pastoriza)
Madre mía, madre mía/cuantas mamás tengo yo./Madre mía, madre mía/madre la que me parió.
Miña mai miña maiña,/como miña mai ningunha,/primeiro dame un abrazo/e despois dame unha tunda.
Miña mai deume de paus/ao ano dunha peneira/miña mai non ten vergonza/da xente que vén da feira.
Cuando mi madre era moza/y andaba con mi padre/daquela me hallaba yo/de turista en Buenos Aires.
Mi madre por ser mi madre/y por el poder que ella tiene/no es quien de privarme/de querer a quien me quiere.
Yo quisiera tener madre/aunque fuera de mentira/aunque las silvas picaran/era mi madre querida.
TVG (Meira; Pousada, A Pastoriza)
Durme meu neniño durme/se non queres durmir ahora/que teu pai vai na taberna/e a túa mai vai na parola.
Duérmete mi niño/duérmete,/ duérmete mi son/duérmete pedazo de mi corazón.
TVG (Meira; Pousada, A Pastoriza)
Io cura que me casou/e debía de estar borracho/que hasta non me preguntou/se era femia ou era macho.
Y el día que yo me case/quiera Dios que no aparezca/ni cura ni sacristán,/ni las llaves de la iglesia.
Io cura vendeu a mula/nunha persada de palla,/e ahora vai ós entierros/dacabalo da criada.
Io cura e maila criada/ordenaron dunha festa,/de peneirala fariña/ao abeiro dunha xesta.
Io cura ten un paxaro/non sei que paxaro é,/aló pola media noite/ponse o paxaro de pé.
Io cura e maila criada/ordenaron de cocer/tiñan a leña no monte/i a fornada sin moer.
Que rico repolo, que rico repolo,/que rico repolo, que rica verdura,/que rico repolo, que rico repolo,/que rico repolo ten o señor cura.
O cura de san Martiño non é cura nin é nada,/o cura de san Martiño non é cura nin é nada,/
ten os fillos na lareira e a muller embarazada.
Io cura está malo/Io cura está malo./Moi malo na cama/Chiribí chiribaina./Moi malo na cama./A la media noche/a la media noche/llama a la criada/chiribi chiribaina /llama a la criada./Que quier señor cura,/que quier señor cura,/que quier que le haga/chiribí chiribaina/que quier que le haga./Quiero chocolate,/quiero chocolate,/pero no hai agua/chiribí chiribaina/pero no hai agua./Coge el cacharrillo/coge el cacharrillo/y vete a buscarla/chiribí chiribaina/y vete a buscarla./El pozo era hondo/el pozo era hondo/…/En medio del pozo/en medio del pozo,/la pico una rana,/chiribí chiribaina,/la pico una rana./La picó con gusto/la picó con gusto,/la picó con ganas/chiribí chiribaina/la picó con ganas./Y a los cuatro meses/y a los cuatro meses/la barriga hinchada/chiribí chiribaina/la barriga hinchada./Y a los nueve meses/y a los nueve meses/parió la criada/chiribí chiribaina/parió la criada,/un curita nuevo/un curita nuevo/con capa y sotana/chiribí chiribaina/con capa y sotana./Llévalo al hospicio/llévalo al hospicio,/no me da la gana/chiribí chiribaina/no me da la gana./Que lo he de criar/que lo he de criar/como dama honrada/chiribí chiribaina/como dama honrada./Que tengo dos pechos/que tengo dos pechos/como cualquier dama/chiribí chiribaina/como cualquier dama.
TVG (Meira; Pousada, A Pastoriza)
Aguas que van río bajo/arriba no han de volver,/amores que han sido de otras/no los debes de querer.
Los amores que tú tienes/primero los tuve yo./Haces bien adevertirte/con lo que a mí me sobró.
E o meu amor non me fala/como é pájaro novo/dalle o aire na cabeza.
Vengo de moler morena/de los molinos de arriba./Dormí con la molinera, y olé,/no me cobró la maquila./Que vengo de moler morena./Vengo de moler morena /de los molinos de abajo./Dormí con la molinera, y olé,/no me cobró su trabajo/que vengo de moler morena.
Canta tu, cantaré yo,/iremos los dos cantando/canta quien tuviera amores/los míos vanse acabando.
El alcalde de este pueblo/tiene una hija bastarda/din din dale dale dale don don/tiene una hija bastarda./Su padre la quier meter monja/y ella quiere ser casada/din din dale dale dale don don/y ella quiere ser casada./Le buscan condes y duques/le buscan condes y duques/y ninguno le gustaba/din din dale dale dale don don/y ninguno le gustaba./Le gustaba un senador/que por su puerta pasara/din din dale dale dale don don/que por su puerta pasara./Ven acá ay senador/ay senada ay mi senada/din din dale dale dale don don/ay senada ay mi senada./Y al senador que no es tonto,/y al senador que no es tonto/en donde la tiene sembrada,/din din dale dale dale don don,/en donde la tiene sembrada./La tengo entre mis piernas/la tengo entre mis piernas/tapada con una braga,/din din dale dale dale don don,/tapada con una braga./Y al otro día siguiente/por el senador tocaban,/din din dale dale dale don don,/por el senador tocaban./Murió de trescientos polvos/murió de trescientos polvos/que a la Juana le echara,/din din dale dale dale don don,/que a la Juana le echara.
Namoreime dunha nena/porque cantaba mui ben/e ahora morro de fame/e o cantar no me mantén.
Eu caseime cun canteiro/porque cantaba moi ben/e o cantar do canteiro/ahora non me mantén.
O amor que vai ser meu/ten que telas pernas tortas/unha para cegar o lume/outra para cerrar a porta.
El día que yo me case,/ha de ser con condición,/que si al año no se muere/la tiro por el balcón.
Por quererle al Serafín/olvidé un blanco cielo,/no hay Serafín sin fin/ni amor como el primero.
Eu caseime por un ano/por saber que vida era/i ahora o ano acabouse/solteiriña Dios me dera.
Algún día fuche miña/ahora véñote ver,/e véñoche perguntar/se queres volver a ser.
A raíz do toxo mouro/é moi malo de arrancar./Os amoriños pirmeiros/son mui malos de olvidar.
Amoriños collín na beiriña do mar,/amoriños collín non os podo olvidar,/non os podo olvidar,/ non os podo olvidar,/amoriños collín na beiriña do mar.
Amores tenía trece/y me han olvidado doce,/y uno que me quedó/dice que no me conoce.
De mi ventana a la tuya/hay una larga cadena/toda llena de suspiros/de suspiros toda llena.
Aquí vine porque vine/a la feria de las flores./Aquí hay una rosa euraña/que es la flor de mis amores.
Desde niña fui lechera/muy feliz y muy dichosa,/nací entre dos montañas/cerca de Villaviciosa./Por mucho quererle a un hombre/del mundo fui despreciada,/de esos amores malditos/que me hicieron desgraciada./De esos amores malditos/solo me queda un recuerdo,/un niño de lindos ojos/pareció un ángel del cielo./Cuando le acuesto en la cuna/no duerme sin que le cante/los recuerdos de aquel hombre/que va por el mundo adelante./Los amores de aquel hombre,/no sabe un hombre donde su amor deja,/un pasito calle arriba/y un pasito carretera./No quiero que se descubra/el cuento de la lechera.
I onde vas, i onde vas Adelaida,/i onde vas, i onde vas por ahí./Voy en busca de mi amante Enrique/que se ha puesto loco de pensar en mí./Adetente, adetente Adelaida,/que Enrique te va a engañar./Yo no creo que Enrique me engañe/tiniendo la ropa para nos casar./Y al llegar a la puerta a la iglesia/de rodillas lo he visto estar./Le pergunto que haces Enrique,/y el me contesta me voy a casar./No confío jamás en los hombres,/ni tampoco en orillas del mar./Lo que siento es quedarme soltera/y nunca en la vida poderme casar.
O páxaro cando chove/mete o rabo na silveira./Así fan as nenas novas/cando non hai quen as queira.
Eres buena, sí/cuando por la calle vas,/eres buena moza, sí,/pero no te casarás.
I o muíño troula troula/que a auga lle fui troular/e os rapaciños de ahora/rabean por se casar.
Eu queríame casar/miña mai non teño roupa,/casa miña filla casa,/que unha perna tapa a outra.
Eu queríame casar/miña mai dice que é cedo,/como ela esta casada,/non sabe as ganas que eu teño.
TVG (Meira; Pousada, A Pastoriza)
Tres casamentos nun día
Érase unha vez nun pobo,/xuntáronse tres mulleres,/todas se querían casar/camiño de Fonguentelle./A que máis presa corría/era a pobriña da vella/e tamén a acompañaba/a súa neta pequena./A neta era moi boa moza,/algo pinta de viruela,/tan sólo tiña un defecto/que era algo corta das pernas./A filla era medio bruxa/e tamén tiña rapaz,/un xastre de mala morte/que andaba polo lugar./¡Aínda nunca outro tal vín/dende que son sacerdote!/Tres caseiros nunha casa,/¡debe ser señal de morte!/Casámonos todas tres,/queremos que sexa no día,/cásome eu, cásase a neta/e tamén se casa a filla./Por un soio trinta pesos,/os tres resultan noventa/pero xa que son nun día/rebaixarei dez da cuenta./Pois teñen que ser no día,/faga a ceremonia pronto/que temos moito apuro/e queremos rezar pouco./Buenos días señor cura,/hoxe véñolle preguntar/por facer tres casamentos/canto nos vai cobrar.
IAV (O Chao, Ribeira de Piquín)
Mazaíña colorada/que do chan te collín,/se non estás namorada,/namórate de min.
Chamácheme moreniña/á vista de tanta xente,/e agora vaime quedar/moreniña para sempre.
IGL (A Pastoriza)
Fai algúns anos, nas aldeas, nas noites de inverno, era costume ir de "polavila" ¡Ah!, ¿que non sabedes o que é iso? Pois eu volo conto agora mesmo: nas noites de inverno, como non había televisión, nin radio, e moito menos ordenador, os veciños xuntábanse nunha casa a pasar o tempo; xogaban á baralla, fiaban, calcetaban, bebían unha cunca de viño quente con azucre… Pero sobre todo, contaban contos. Os contos, case sempre eran de medo, e o peor era que despois había que volver cada un para a súa casa, por camiños, congostras, montes... As veces facíase unha "facha" de palla para alumear o camiño.
Pois ben, unha noite de inverno, dous mozos do pobo pasaron varias horas escoitando algúns contos, sobre todo de medo; chegou a hora de volver para a casa de cada un, e estes dous mozos fixeron o recorrido xuntos. Era unha noite de forte vento e, antes de chegar a casa dun deles, decidiron parar detrás dunha parede a fumar o derradeiro cigarro da noite; e dixo un: “Eu non che creo nos contos dos mortos… ¿Ti cres que hai que terlles medo?”. “¡Non, ho!”, dixo o outro. Nese mesmo momento, co vento que ía, debeu caer unha pedra da parede e pasou rodando polo monte facendo un ruído de moito demo; os mozos non dixeron palabra, levantáronse e puxéronse a camiñar ata a casa na que vivía un deles. “Ata mañá”, dixo un. “Ata mañá”, respondeu o outro. Ao día seguinte, encontráronse de novo os dous mozos e dixo un: “¡Oíches Manolo: ós mortos non hai que terlles medo!”. E riron os dous.
Enviado por “Seino de boa tinta” (Xudán, A Pontenova), que nos deixou este fermoso comentario na Categoría "Ánimas e mortos". Grazas e un abrazo forte!

O pasado domingo 5 de xullo, La Voz de Galicia dedicou, na súa edición de Lugo, un amplo e fermoso artigo ao noso traballo.
Podedes consultalo cando queirades e enteiro (a noticia ampliase premendo nun segundo titular na columna da dereita) na súa edición dixital, na seguinte dirección:
http://www.lavozdegalicia.com/lugo/2009/07/05/0003_7828285.htm
Que vos guste.
Unha noite, un veciño meu que ía ao prado buscar unha egua, viu ir polo aire unha luz alongada, con sete coroas como sete cabezas. Era tan luminosa que ata se espantou o animal. Ao chegar a casa, súa mai explicoulle que eran “fachas”, e que saían dos lugares nos que a xente se bautizara para anunciar a morte dunha persoa, o que acontecía dous días despois.
Doutra vez, uns veciños que ían de rúa, viron no cemiterio tres luces, e pareceulles que oíran voces. Todos pillaron moito medo pero, así e todo, un deles quixo facerse o valente e foi ver o que pasaba. Cando regresou onda os outros, viña todo asustado. Preguntáronlle qué vira, pero el soamente contestou: “Non volo podo dicir. Xa o saberedes dentro de dous días”. E pasado ese tempo, morreu.
Meu avó contoume que cando vían no ceo estas “fachas”, formando grandes bolas de luz, chamábanlles “fuegos fatuos”.
MAD (Pousada, A Pastoriza)
Unha noite de inverno, apareceu berrando un aniño á porta dunha casa. Estaba chovendo, así que metérono para dentro, secárono, achegárono á cociña e quentáronlle leite para que mamase. E despois de todo iso, vai o aniño e érguese, e di: “¡Cucurucú, as vellas do muíño quentáronme o cu!”. E dándolle ao rabo, desapareceu e nunca máis se soubo del.
MAD (Pousada, A Pastoriza)
Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores. (a vaca)
Na serra de Meira hai unha cova que antigamente dise que era unha mina de ferro. Para chegar a ela, hai que ir por unhas pedras enterradas en auga, pois crese que está completamente anegada.
IAV (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín)
En Miñoto hai un conto moi coñecido que trata dun home con voz de neno que, ao escurecer, ía polos camiños berrando “¡Ai papá, ai papá!…”. E outros veciños, con interese por descubrir quen chamaba, enseguida saían berrando “¡Ai filliño, vente! Vente pra casa filliño…”. Pero cando daban chegado ao sitio do que viña a voz, xa non topaban a ninguén. De alí a un cacho, oíase o mesmo noutro sitio diferente.
IAV (Miñoto, A Pastoriza)
Unha raposa ía para a feira, e polo medio do camiño topou cun grilo, e díxolle: “Anda a la feria”, e contestoulle o grilo: “Non, que canso”. E a raposa dixo: “Lévote eu”. E o grilo aceptou encantado. E chegando á feira salta a raposa: “Uo que aló vas”.
IAV (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín)
Dunha vez, un home que ía para Sadrarín, atopouse cun lobo e subiuse rapidamente ó pico dunha árbore. O lobo roeulle as zocas, porque non lle chegaba a máis.
Noutra ocasión, a un home que ía para a Serra avarioulle o tractor, e tivo que volver andando ata Esqueira, no Chao. Polo camiño, atopouse cun lobo que se lle puxo diante e non lle deixaba andar; pero como o home levaba un “farolón” (un foco de alumar, de aceite) empezou a movelo para espantalo. O lobo non lle fixo nada, pero foi con el durante todo o camiño ata a casa. E cando o home quixo saír de novo para volver polo tractor, o lobo aínda estaba agardando por el.
IAV (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín)
Un dos xogos máis coñecidos entre a xente da Ribeira de Piquín é o “xogo do zapatín”. Consiste en que un grupo de persoas se senten en círculo cas pernas cruzadas por diante. Un deles ten agochado un zapato que ten que ir pasando ao resto sen que un que está de pé se decate. Cando este localiza o zapato, dálle con el na cabeza ao perdedor e cambian as posicións. Neste xogo a picaresca atópase en que segundo se pasa o zapatiño aprovéitase para tocar algo ás mozas que se ten o lado. Tal como me dixeron: “de paso que pasa o zapatín tamén pasa a man”.
IAV (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín)
Contáronme que na serra de Meira hai unha serie de corrizas (pequenos espazos pechados por un muro circular de pedras fincadas, nos que se maduraban as castañas), e que nunha delas hai ouro enterrado, aínda que ninguén sabe en cal.
Tamén me dixeron que nas penas de Cartea hai agochada unha pel de boi moura, que está por dentro chea de ouro.
IAV (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín)
En Miñoto, preto do castro de Saa e do río Miño, hai un túnel, do cal aínda hoxe se pode ver a entrada, que foi construído polos romanos para poder ir dun pobo ao outro sen ser visto. E din que dentro del hai unha grade de ouro con máis material de gran valor, pero que nunca ninguén se atreveu a entrar por medo a un posible derrube.
Cerca do castro hai outro túnel, pero xa non se sabe se pertence a el. Este tunel pasa por baixo dunha montaña e, según contan as persoas máis vellas, fíxose para levar a auga do río ata un muíño que aínda hoxe existe.
IAV (Miñoto, A Pastoriza)
Hai uns anos, para pesar os xatos, a xente da Ribeira tiña que levalos a Meira á feira. Se na serra se cruzaban cunha muller, toureábanse, e entón botábaselle a culpa á muller, acusándoa de meiga.
Naqueles tempos, non había tampouco as máquinas de hoxe en día. Cando se ía aos nabos, formábanse lotes para seren máis fáciles de arrear, e se un non era capaz de erguelos había que dicir “¡Jesús!”, e esperar a que un ruído raro soase no río, logo volvíase a intentar e xa se tiñan forzas para poder erguelo. Pensábase que era un trasno, exactamente “o trasno do río Eo”.
IAV (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín)
Para que as meigas non puidesen entrar nos animais e causarlles enfermidades, había que colgarlles un cacho de allo ou un pedaciño de cicuta (herba velenosa).
Ademais, na noite de san Xoán, enramábanse todas as portas e ventás da casa para que as meigas non puidesen entrar, e ao día seguinte, pola mañá cedo, había que limpar ben a cara coa auga do orballo que quedaba no campo, para evitar ás meigas todo o ano.
IAV (Miñoto, A Pastoriza)
En Miñoto, na parroquia de Crecente, exactamente no Tamaredo, que antes era un cruce de camiños e agora está a prado, había un cruceiro cun cristo tallado. Unha noite, tres homes viñan por alí de troula, e un deles, algo bébedo, empezou a tirarlle pedras ata que o partiu en cachos. Aos poucos meses, ese mesmo home morreu de cancro.
Noutra ocasión, tres homes que regresaban de traballar, ao dar en chover, decidiron resgardarse nunha igrexa e, unha vez alí, empezaron a beber do viño que o cura tiña na sancristía. Cando se fartaron, estragárono todo: un deles quitoulle as maos a un santo, outro os ollos, e o terceiro as orellas. De alí a uns anos, sóubose que un quedara manco, outro cego e o outro xordo.
IAV (Miñoto, A Pastoriza)
En Fontela morreu unha muller no baño. De alí a uns días, unha luz caeu no mesmo sitio onde a muller perdera a vida, e os cochos que se atopaban xusto debaixo puxéronse tolos. E din que era a alma da muller que volvera para acabar algo que deixara pendente.
Contáronme tamén que en Foz, aí atrás, vivía un matrimonio cos seus dous fillos, ata que todos eles morreron nun accidente de tráfico. Foi vivir para a súa casa unha rapaciña e ao pouco tempo, deu en botar a berrar todas as noites. Os veciños, alarmados, decidiron ir facer garda cada noite para ver qué era o que pasaba. Pero nunca ninguén viu nada, e nunca se soubo o por qué de que a rapaza toleara.
IAV (Miñoto, A Pastoriza)
Na ponte dos Cangos, ao anoitecer, oíase un ruído que parecía unha máquina de coser, e dicíase que era unha costureira que morrera, e que andaba penando.
Contan tamén que nos Baos apareceu dunha vez unha luz azul que parecía saír do medio do monte, e que o cura deu en dicir que era unha aparición, ata que alguén descubriu que non era máis que un cable do tendido eléctrico ao pegar nunha rama.
IAV (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín)
Aquí, na Categoría "5.Comentarios no Blog", iremos xuntando todos os comentarios publicados nas diferentes entradas, para que poidades velos todos seguidos, sen ter que andar na súa busca. Cada vez que o actualicemos, presentaranse do máis recente ao máis antigo. Moitas grazas por darlle vida!
Anónimo dixo... 8 de julio de 2009 15:02 (Categoría: 5.Comentarios no Blog)
Miguel para o ano no IES Pedregal de Irimia si ou si eh!Grazas por este ano cargado de boas cousas.Xamais se esquecerán as clases contigo.
Belén dixo... 6 de julio de 2009 15:24 (Categoría: 5.Comentarios no Blog)
Hola a todos/as. Soy una chica vasca con todas mis raices gallegas, en Ribeira de Piquín y me ha encantado encontrarme por casualidad este blog. Un trabajo estupendo, en el que he reconocido historias que he escuchado en familia de boca de mis mayores y que forman parte de mi historia personal. Un bonito homenaje a nuestros "vellos" por transmitirnos su sabiduría y hacernos así, también a nosotros, un poquito más sabios, para que las malas historias no se repitan y las buenas perduren siempre.
Felicidades por vuestro trabajo.
Anónimo dixo... 30 de junio de 2009 18:00 (Categoría: 2.Obxectivos)
Un blog realmente traballado. Grazas a Miguel Abraira podemos dispoñer de historias e contos que se ian perder como lágrimas entre a choiva, realizando un gran traballo para que os seus alumnos sacasen o mellor de si e dos seus "vellos". Grazas Miguel por este curso tan bo, xa sabes para o seguinte curso toca traballar no IES Pedregal de Irimia. Bueno xa falaremos.
Tu eres o:
Master of puppets.
jajajja
Anónimo dixo... 26 de junio de 2009 21:06 (Categoría: 2.Obxectivos)
Que mellores alumnos que nos!
Ninguén :)
Unha alumna dixo... 26 de junio de 2009 19:55 (Categoría: 5.Comentarios no Blog)
Esperamos ter moitas visitas e que se faga mais grande dia tras dia!
Levounos o seu tempo pero mereceu a pena
PD:Unha alumna
Anónimo dixo... 26 de junio de 2009 13:51 (Categoría: 1.Quen somos)
Un proxecto interesante...A ver en que dá a cousa. Punto azul? Total, non vos vale de nada..e menos agora jajaja. Bueno, ánimo con isto logo.
Anónimo dixo... 26 de junio de 2009 10:19 (Categoría: 5.Comentarios no Blog)
Vou contar unha de cementerio. Dentro do cementerio de unha aldea había unha figueira que seica tiña uns frutos boísimos, durante ó día ninguen se atrevía a ir collelos, e pola noite... menos. Pero dous amigos decidiron poñerlle valor e alá se foron unha noitiña provistos de unhas caixas para gardar os froitos e unha pequena linterna. Cando andaban en plena faena pasou polo camiño un veciño e viu aquela luz que iba e viña de un lado para ó outro, asustouse un pouco e dicidiu avisar a garda civil. presentaronse éstes no cementerio e dicidiron escoitar na porta antes de entrar e oiron dicir: "tres para mín e tres para tí, tres para mín e tres para tí..." Así durante un bo anaco e de seguido, dixeron: "Ahora, tí colles a caixa e eu a tapa e vamos buscar os que hay fora" Contan que aquela parella da garda civil corrían polos camiños que daban cos carcañais no cú.
Anónimo dixo... 25 de junio de 2009 9:47 (Categoría: Adiviñas)
Adiviña: duas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores. (a vaca)
María Xosé (unha de Lugo en Pontevedra) dixo... 24 de junio de 2009 13:46 (Categoría: 5.Comentarios no Blog)
Moitas felicidades ós alumnos e tamén o profesor polo voso traballo; a verdade e que costa imaxinar ós picaros de hoxe escoitando as historias dos nosos maiores, pero paga a pena sentarse a su veira e, preguntar, comentar e escoitar, temos moito que aprender deles; imaxinome o ben que o pasaron eles contando todas estas historias. ¡Animo, seguide así!
ELF dixo... 22 de junio de 2009 13:59 (Categoría: 1.Quen somos)
Quedou moi ben. Encántame. Agora hai que promocionalo.
Óscar dixo... 22 de junio de 2009 17:52 (Categoría: 1.Quen somos)
Moitos parabéns a todos polo magnífico traballo. Un luxo de alumnos e profesor. Bo fin de semana e ata o luns!
Óscar.
ELVIRA dixo... 21 de junio de 2009 21:43 (Categoría: Meigas e demos)
SERÁ ESTA A ORIXE DAQUELA CANCIÓN QUE DI:
"FUN A CASA DO MEU COMPADRE,
FUN POLO VENTO VIN POLO AIRE..."
NORABOA POLO VOSO TRABALLO!
Anónimo dixo... 20 de junio de 2009 18:09 (Categoría: 1.Quen somos)
Felicidades polo voso traballo, e moitas grazas por compartilo. É unha ledicia leer as andainas dos nosos vellos, a cantidade de cousas que descubrimos deles e da nosa propia historia. Pero o mellor de todo, é sentarse de cando en vez ao seu carón unha tardiña, e escoitar. Para min, como para algún de vos foi un reto a primeira vez que o fixen...non o deixemos de facer.
A miña aportación:
O meu avó vendía nas feiras coiro e xoguetes para os nenos cando non había xogueterías. Non daba moitos cartos, e de cando en vez, o avó encargaballe ao meu pai levar ao bar, sin que ninguén o vise, unha bolsiña de pedriñas, e volver cun sobre con cartos. Anos despoís, o avó explicounos que daquelas non permitían vender pedras para os mecheiros e soubemos que facían tódas aquelas caixiñas de pedriñas na casa vella da aldea, deixou de ser o tesouro segredo. Berta Mª
Anónimo dixo... 13 de junio de 2009 3:01 (Categoría: 1.Quen somos)
Paréceme moi interesante ese tesouro, e sobre todo eu que son unha defensora dos nosos maiores, faime sentir moi leda que os escoitedes e que todos poidamos disfrutar cos seus relatos, e a súa sabeduría. Sei de boa tinta que ó profesor tamén lle "encanta" escoitar ás historias dos nosos "vellos". Por certo ¿cando abrides o cofre?
····Vou contarvos un relato: Contaba á miña nai que a súa aboa adoitaba ir a vender cousas montada na sua egua á feira de Mondoñedo. Unha noite cando voltaba á casa ao pasar ao lado dunha fonte notou que saía unha sombra e que se metía entre as patas da egua, era unha escura noite de inverno, e un frío tremendo metéuselle no corpo, a sombra acompañounos durante un kilómetro que lles separada da casa, ao chegar arrimouse á porta, deu uns golpes para que alguén da súa familia saíse a recoller as cousas que traía, e deseguido desmaiouse, e comezou a botar sangue pola boca, decía miña nai que tuvo uns cantos días na cama moi afectada. Cada vez que eu escoitaba este relato poñíanseme os pelos de punta(porque ademais adoitaban contar estas cousas polas noites, e aínda che mete mais medo no corpo), e cada vez que tiña que pasar por esa fonte os pés tírabanme para atrás.
Anónimo dixo... 12 de junio de 2009 17:26 (Categoría: 1.Quen somos)
(Era unha pena que non nacese...),esta frase utilízabaa miña avoa cando nacía un neno,dun familiar,dun amigo,dun veciño.Dicíao cando o neno era bo,era ben feitiño.E esta frase reutilízoa eu agora para o voso blog:..era unha pena que non nacese..,paréceme unha idea tan boa e da que debedes de estar moi orgullosos,porque dos nosos maiores apréndese tanto!.Felicítovos e anímovos a seguir adiante e a desfrutar deles,dos nosos,dos vosos maiores,a escoitalos,a admiralos.Estou segura que miña avoa sería gran admiradora do voso blog,como eu o son dela.Adiante!,Sandra.
Por fin... Queríamos devolver e dar a coñecer os tesouros que recollemos... E aquí os tedes. Consultade, lede, sorprendédevos, e fozade cando queirades. Este blog é un GRAZAS moi grande para os seus protagonistas, os vellos. E tamén unha oportunidade para sorprenderse, sorrir e coñecer historias de sempre.
Na columna da dereita poderedes ver quen somos, os obxectivos que tiñamos, o método que seguimos, as impresións que nos quedaron,e, por suposto, o tesouro, clasificado por categorías.
Navegade, e bo vento!
O pouso que nos quedou do traballo. Valoracións persoais, tomadas dos textos de clase dos propios alumnos (co voso permiso). Como vedes, hai para todos.
“En primeiro lugar, debo recoñecer que eu nunca estiven de acordo con esta iniciativa, parecíame moi complexa para uns alumnos de 4º da ESO (…), en fin non lle atopaba sentido (…). Tras uns días pensando decidín comezar por preguntar, coma quen non quere a cousa, a meus avós, a ver se sabía algo. Ó principio dicían que non se lembraban de nada e eu xa dixen `tal como eu dicía´. Pero pasados uns días vin que volvían a min para contarme cousas sobre as cales eu lles preguntara en días anteriores, entón comencei a sentir curiosidade (…).Pero non só eu estaba entusiasmada, se non que eles mesmos, as persoas cas que falei, o estaban (…). Polo tanto a miña valoración persoal cambiou (…) de pensar que todo esto non valería para nada ata chegar a pensar que esto que hoxe estamos facendo nós, deberíase de haber feito moito antes (…). Dentro duns anos ó mellor volvo facelo (…). Espero que todos tiveran o placer de botar unhas carcaxadas como eu botei sentada no banco mirando para as persoas que se poñían un pouco máis felices ó ver que nós, a xente nova, disfrutaba coas súas historias. O único que digo é que hai que ter moita PACIENCIA!”. (Grazas, I.)
“Pareceume un traballo moi interesante, xa que coñecín moitas cousas das que nunca oíra falar”.
“A moitos alegrouselles a cara ó poder contar cousas do seu tempo e sobre todo poder ensinarlle a xente nova contos que ó mellor levan escondidos anos e anos”.
“Non pensaron que me ía parar á miña idade unha tarde a sentarme alí con eles e preguntarlle estas historias que case tiñan olvidado”.
“Facer este traballo deume a oportunidade de escoitar historias incribles que se contaban antigamente, e que, probablemente, se non fora por este traballo nunca escoitaría (…). Dinme de conta de que as persoas maiores saben moito, incluso máis do que eu pensaba”.
“Pasei un bo rato recollendo estas historias”.
“Nos fixo descubrir contos que nunca escoitaramos, imaxinar algo a vida de antes, parar a escoitar a xente maior, e ver que se atopa feliz e cómoda contándochos (…), a pesar de que ó primeiro me parecía que non me ía gustar para nada, pero a verdade mereceu a pena”.
“Ó tempo que meus avós me relataron contos e historias, resultoume divertido e ameno (…). Ademais de que eles, ao contarnos esas historias, senten que o seu saber é moi importante”.
“Houbo moitos aspectos que me sorprenderon e que non sabía, e sobre todo respirábase a súa felicidade ao ser escoitados (…), posto que lles gusta que nós, a xuventude, nos interesemos por eles”.
“Particularmente facer este traballo costoume (…), pero en cambio despois de entrevistar á primeira señora, quedáronme ganas de seguir entrevistando a máis veciñas, xa que as historias que me contaban, divertíanme e intrígame seguir sabendo novas historias (...). Pasamos tardes cos nosos veciños, que seguramente case nunca o fixéramos, iso de estar unha tarde falando coas persoas maiores”.
“O que me sorprendeu foi que meu avó L… soubera tantos remedios caseiros contra as enfermidades”.
“Nunca me parara a pensar na vida que tivo a xente que vivían antes ca nós (…). Apréndense moitas cousas, xa que eu por exemplo non sabía ningún remedio para curar os animales nin para as tormentas. Con esto demostramos que a xente maior era moi intelixente”.
“Supuxo un reto para min (…). Atopeime con información que non esperaba escoitar (…). A súa sorprendente facilidade de palabra malia os anos, a entoación e a maneira de dicilo en xeral, fan que te sumerxas de tal maneira na historia que eu nalgunhas non puiden reter a gargallada e noutras non conseguín evitar que un arrepío me atravesara o corpo (…). Este traballo me serviu para aprender cousas que doutra maneira nunca me pararía a escoitar e que espero poder ensinar algún día a alguén”.
Grazas polo voso traballo!
Sempre hai un modo de facer as cousas. O método tiña que atender aos seguintes puntos:
•As persoas. Ante todo, debíase ter presente que non traballábamos con cousas e nin tan sequera con historias, senón con persoas. Persoas de idade avanzada. Por iso, se son eles os que nos van a atender e aportar o coñecemento que buscamos, o mínimo que debíamos ofrecer a cambio era respecto. Respecto, paciencia e mente aberta ao que eles quixeran contar, e tamén ao cando, ao como e ao onde o quixeran facer. Debían saber qué estábamos facendo (un traballo para clase), e qué queríamos exactamente (recoller a maior cantidade posible de contos, con criterios de calidade). Debían recollerse algúns datos dos entrevistados (nome, idade, parentesco co alumno), sempre que estes accederan a elo.
•O espazo. Cada alumno, individualmente, encargaríase de abordar o traballo na súa aldea ou lugar de orixe, entrevistando aos seus avós e a tantas persoas maiores como lles fose posible. A proximidade da familia ou a veciñanza daría a confianza necesaria para que as conversas puideran darse de xeito libre e fluído. A un nivel máis concreto, aconsellábase abordar as conversas en lugares tranquilos, sen ruídos nin interrupcións, e o máis naturais posibles. Tendo en conta o significado que nesta zona teñen, aconsellábanse as cociñas das casas, con lume baixo unha prancha de ferro e un banco corrido por tras. Debía tomarse nota, con cada relato recollido, do lugar concreto no que foron tomados (nome do lugar, parroquia e concello).
•O tempo. Sempre citados e informados previamente, debía aproveitarse cada encontro cos protagonistas ao máximo, pero sempre dándolles marxes de tempo e liberdade suficientes para que puidesen contar o que saben pero ás veces xa non lembran ben. Déronse uns 40 días de prazo máximo para levar a cabo a investigación.
•O modo. Só queriamos escoitalos, sen dirixir en modo algún as conversas. Por iso, aínda que ás veces falemos de “entrevistas”, hai que aclarar que non empregamos cuestionario algún. As conversas debían ser libres, sen atadura algunha e gozadas por ambas partes. Contadas e escoitadas con ganas. Deixamos á elección de cada quen o recurso a utilizar para recoller o produto das entrevistas, aínda que se recomendou (por ser máis cómodo e asegurar unha maior fidelidade) o segundo:
*Tomar nota nun caderno.
*Gravar, co seu consentimento, o son das conversas.
*Gravar, co seu consentimento, o son e a imaxe.
•Os temas. Unha vez recollidos, os relatos debían entregarse nun traballo mecanografado, no que aparecesen debidamente clasificados por temas. A partir deses temas, creáronse posteriormente as “Categorías” que poden verse no blog. A investigación (descrición do lugar, persoas entrevistadas, método, resultados) debía ir acompañada dunha valoración persoal do traballo, no que figurasen dificultades, sorpresas, e, sobre todo, unha opinión: o pouso que a cada un lle deixara todo o traballo levado a cabo (ver no blog “Valoracións”).
Son profesor de Historia, e teño uns magníficos alumnos.
• Quería que traballaran nas vacacións de Nadal.
• Quería convidalos a mirar con outros ollos (espertos, intelixentes, sorprendidos) aos seus propios avós, e en xeral a toda a xente maior… Axudarlles a saltar a fenda do tempo, e convidalos a sentarse xuntos detrás do lume da cociña (o inverno é frío, aquí). A falar. A escoitar. A imaxinar acompañados. Quería, en fin, achegar a persoas que, estando moi cerca ou incluso convivindo, séntense moitas veces, nos tempos que corren, a anos luz de distancia.
• E quería tamén, por qué non, que aprenderan algo do método de investigación en Historia. Quería que investigaran. Cun obxectivo, un método, e un prazo de tempo.
Concretei todo isto, aos seus ollos, nun único obxectivo: entrevistar, individualmente e cada un no seu lugar de orixe, aos seus avós e veciños máis vellos, na procura daquelas historias que nunca se escribiron e que tan só habitan xa na súa memoria, formando parte dos seus recordos. Había que buscar e recoller, fiel e coidadosamente, esas historias que son patrimonio noso, e fixalas dalgún modo para evitar que se perdan, logrando así que vindeiras xeracións (incluída a nosa) poidan seguir aprendendo delas.
E cumpriron. Descubriron Vellos con Historia... Noraboa rapaces!
Miguel Abraira
miguelabraira@edu.xunta.es
Antigamente había meigas das malas, que eran as que botaban o mal de ollo, e meigas das boas, que quitaban estas e outras maldicións mediante oracións secretas. Nunha casa de aquí cerca, na que tiñan numeroso gando, enfermou un día unha vaca que sempre estivera sa coma un buxo, e consideraron que era mal de ollo, polo que decidiron chamar a unha meiga. Esta botou bastante tempo metida na corte coa vaca, facéndolle conxuros, sen ninguén máis presente. Despois, tomou a meiga o café co amo na cociña da casa, e ao rematar, achegáronse á corte, e xa estaba a vaca de pé comendo.
PDA (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín)
