Contábase que, nalgunha noite escura e de tormenta, algúns veciños do pobo entraran no cemiterio e que viran as ánimas dos antepasados. E dinme tamén que había unha señora que era moi vaga e no pobo coñecíana co nome de “Priguiceira”. Entón, certo día, estaban facéndolle o seu enterro e apareceu por alí un home e dixo: “Ai alabado sea dios, non enterren á señora que dou eu unha leira chea de maíz por ela”. E entón a señora “Priguiceira” levantou a cabeza e dixo: “¿E como? ¿Moída ou sen moer?”. E contestoulle o señor: “Muller, sen moer”. E finalmente respondeu a muller toda salerosa: “Continuen con el entierro”.
JFF (O Tombo, Fonmiñá, A Pastoriza)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...