Os premios son para celebralos, e en Vellos con Historia tiñamos a festa do noso premio pendente.
Foi un día enorme. De reencontros, de xogo e de risas.
Só me queda darvos unha vez máis as GRACIAS!
- A este grupo incrible de alumnado (polo voso traballo e a ilusión coa que o vivistes)
- Aos vosos avós, familiares e informantes (por axudarvos a descubrir e rescatar todas estas historias)
- E aos que nos concederon este premio (por recoñecer o valor educativo que ten o que fixestes)
Foi un privilexio poder ser o voso profesor e compartir traballo, clases e vida con vós.
8 comentarios:
Espero que vos gusten as fotos, os títulos e a presentación! Clicando sobre ela podedes vela ao voso ritmo.
Un abrazo grande para todos.
Miguel.
OLA!
a presentación quedou moi currada....!!!
e o sabado...con matrícula de honor...!!
habia tempo que non o pasaba así de ben un sábado!!
e as camisetas...sen palabras...!!creo que falo en nome de todos decindo que nos ENCANTARON!!!
un saúdo!! e aver cando te volvemos a ver por estas terras....!!
Olaa!!
presentación moii boniitaa..sabdo tbbb moiii been!!actiividades estbern moii ben...comiida e tal tb!!e as camiistas tb moii boniitas!!
po a presntaciion 10!!
Miguel: a polo tuuentii!!!!!
bikOs!
Ola!
Alégrame que vos guste a presentación! Creo que dá boa idea do ben que o pasamos. Dan ganas de repetir!!
Ola!!!
pois si que foi un día xenial,e as camisetas moi chulas.gracias por todo e haber cando repetimos!!!
Unha aperta!!!
Repetimos cando queirades!
Xa o dicían os vellos: "Xente de Meira, tropa lixeira!"
Nooooooooooooo!
Problema 1: internet no instituto cada dia vai mais lento,e encima non me carga!:(
E agora todo escrito outra vez e non lle acerto ó demo do perfil este,,jaja!
Recordo que eu dicía algo así como...:
"Eiiiiiii!!que non todos somos de Meira, ehh!
ARRIBA PASTORIZAAAAA!! Pequenas, defendédeme!jaja
Con respecto ó sábado(''O'' SÁBADO:)), en verbas de María: "Como mola pasar un día así todos xuntos verdade?"
Pois sí ! nunca estivemos tan de acordo,jeje
e as ganas que quedan de repetir non son poucas(falado para fin de curso eh!:)=?)
Ah,e en canto acaben os exames(ou polo menos diminúa a acumulación) estaremos de sesión de fotos!:)
Ah por certo,que cancion é?
Besiñosssssss!
Claro que si, Alba: arriba Pastoriza, e tamén Baleira, Pol, Ribeira,...
Para que non saia "Anónimo" senón o voso nome, tedes que seleccionar a opción Nombre/URL en "comentar como:"; aí poñedes o voso nome e deixades baleiro o URL, e xa está.
A canción é dun grupo que se chama Anberlin, e o tema titúlase "Feel good drag".
Ánimo cos exames!!
Publicar un comentario
Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...