Vellos con Historia

Caderno de relatos orais de Meira e comarca

A cociña, as historias, o tempo, a memoria...


Durante o 2009 alumnos e profesor de Historia de 4º ESO do IES Pedregal de Irimia, rematamos este traballo, que nos mantivo varias semanas recollendo, en Meira e na súa contorna, toda a oralidade que
os nosos vellos aínda conservaban na súa memoria.

Ao pouco tempo, a Consellería de Educación concedeu un Premio de Innovación Educativa a este proxecto, e é por iso que as últimas entradas conteñen fotos da nosa celebración.

Hoxe, o valor deste sitio, pese ao tempo transcorrido, segue plenamente vixente, 
e inevitablemente tenderá a valorizarse cos anos. Porque todo o que aquí poderás ler,
forma parte dun mundo que xa non existe máis que na memoria, e neste blog.

Desexamos que vos guste
e que tamén vós transmitades estes contos aos vosos, como souberon facer eles...
Ata sempre!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados. Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"